Este venres 27 de maio gozaremos na Unidade Preventiva de Muras dunha divertida sesión de 🆁🅸🆂🅾🆃🅴🆁🅰🅿🅸🅰
A través desta actividade conseguiremos aliviar tensións tanto físicas como emocionais, algo realmente necesario tras o período de pandemia vivido que nos mantivo illados e faltos de contacto social.
A nivel emocional, a realización desta dinámica require de participación e cohesión grupal, o que promove un maior sentimento de confianza e pertenza ao grupo que xera benestar, mellora a autoestima, satisfacción, etc…
A nivel físico, ao rir fortalecemos o sistema inmunolóxico, mellorando a circulación, a capacidade respiratoria e osixenamos máis a pel…
Convidámosvos a participar para gozar de todos estes beneficios, a diversión 🤩 está asegurada!!!!