Saímos á rúa para recordar aos nosos pais

Hoxe saímos á rúa co gaio do día do pai, porque queremos de todo corazón seguir gardando eses recordos que temos co noso pai e que ningunha enfermidade poda arrincarnos ese pedaciño de alma.
Afalu quere ser para os familiares e coidadores/as de enfermos de Alzheimer e outras demencias, o mesmo que vós/as sodes para o voso familiar enfermo, esa man que vos colla para percorrer xuntos ese longo camiño. O noso equipo de profesionais está aí para facilitarvos este percorrido. Porque para coidar ben tamén hai que coidarse e solicitar axuda, información e consello cando sexa necesario.
Así que hoxe podedes achegarvos ás mesas que temos no edificio multiusos da Xunta de Galicia, na Deputación de Lugo e na rúa Quiroga Ballesteros, ao carón da praza de abastos, para que vos podamos dar a información que precisedes.