Tecendo e recordando

Traballamos nun novo proxecto: “tecendo e recordando”, onde estamos a aprender a usar o tear de alto lizo grazas a colaboración do Centro de Artesanía e Deseño (centrAD) da área de cultura, patrimonio histórico artístico e normalización lingüistica da Deputación de Lugo.

Actividades significativas como tecer son de gran valor, dende a Terapia Ocupacional, e aproveitamos para empregar esta actividad e lograr traballar:

-Motricidade fina

-Coordinación oculo-manual

-Concentracion e atencion

-Resolucion de problemas

-Coordinacion bimanual e lateralidade

Tamén ao ser unha actividade significativa e, en moitos caso, foi realizada con anterioridade polas persoas usuarias é unha perfecta actividade de reminiscencia e socialización, xa que tamén aproveitamos a ocasión e evocamos e comentamos lembranzas en relación a tecer , os telares , etc.

Agradecemos á Vicepresidencia da Deputación de Lugo o apoio a este fermoso proxecto.