Trabajamos en el huerto

Os nosos hortos xa empezan a dar os seus froitos! 
A través do traballo no horto cos nosos usuarios pretendemos manter habilidades e destrezas que permitan o
desenvolvemento da autonomía persoal utilizando unha actividade significativa para as persoas. E é
que o traballo no campo e nos hortos estivo moi presente ao longo da vida da maioría dos nosos
maiores. Os hortos terapéuticos son espazos que contribúen a mellorar as capacidades físicas,
psíquicas e sociais, a estimular os sentidos, a mellorar as capacidades cognitivas e motoras e a
fomentar a  autorrealización.