Na sesión de novas tecnoloxías Tic´s Palabras Maiores, da unidade de envellecemento activo Activa-Mente do Concello de Muras, empregamos unhas gafas de realidade virtual a través das cales poidéronse realizar tanto actividades de estimulación cognitiva (funcións executivas, atención…) como visitas por lugares descoñecidos para eles (neste caso fumos virtualmente á Ribeira Sacra e Rianxo).
Así mesmo, tamén quixeron acompañarnos e disfrutar da experiencia o alcalde Don Manuel Requeijo e a tenente de alcalde Dona Paula Gómez.
Queremos dar as grazas ao Concello de Muras por contar con AFALU para a realización desta unidade preventiva e de envellecemento activo que levamos realizando dende o ano 2021 e que ten tan boa aceptación.