Vacinación contra a Gripe 2021

O pasado 18 de outubro deu comezo a campaña de vacinación da Gripe. Este
año a vacunación será secuencial.
Recentemente foi aprobada a dose de reforzo fronte á Covid-19 para as persoas de 70
ou máis anos, sempre que transcorresen 6 meses desde a segunda dose.
A administración da terceira dose realizarase do seguinte xeito:
– En persoas de 80 ou máis anos, administrarase de xeito simultáneo a vacina fronte á
Covid-19 e a da gripe. Citaranse de forma automática nos puntos de vacinación
habilitados por cada área sanitaria para tal fin.
– As persoas de 70-79 anos pedirán a súa cita para a vacinación da gripe de xeito
habitual e avisaráselles para recibir a terceira dose fronte á Covid-19.
¿Quen debe vacinarse da gripe?
Persoas con risco de complicacións.
Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar
complicacións.
Outras persoas nas cales se recomenda a vacinación.​​​​
Persoas que teñen maior risco de presentar complicacións:
• Persoas de 60 ou máis anos, realizando especial énfase a partir dos 65 anos.
• Persoas institucioalizadas de maneira prolongada (residencias de persoas maiores e
outros centros de atención a crónicos).
• Persoas de calquera idade (6 meses – 60 anos) que teñan un maior risco de
complicacións derivadas da gripe
• Nenos entre 6 meses e 2 anos de idade que naceran prematuros (<32 semanas de
xestación).
• Nenos e adolescentes (de 6 ​meses a 18 anos) que reciben tratamentos prolongados
de ácido acetilsalicílico, pola posibilidade de desenvolver unha síndrome de Reye.
• Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación e durante o puerperio (ata
6 meses tralo parto) que non se tiveran vacinado no embarazo.
• Persoas menores de 65 anos e maiores de 6 meses con algunha das seguintes
patoloxías que presentan un maior risco de padecer complcacións derivadas da gripe,
principalmente si precisan seguimento médico periódico ou foran hospitalizadas no
ano precedente:

– Enfermidades crónicas cardiovasculares. neurolóxicas ou respiratorias, incluíndo displasia broncopulmonar, fibrosis quística e asma.
– Diabetes mellitus
– Obesidade mórbida (IMC ≥ 40 en adultos, ≥ 35 en adolescentes ou ≥ 3 DS na infancia).
– Enfermidade renal crónica e síndrome nefrótica.
– Hemoglobinopatías e anemias.
– Hemofilia, outros trastornos da coagulación e trastornos hemorráxicos crónicos así como receptores de hemoderivados e transfusións múltiples.
– Asplenia ou disfunción esplénica.
– Enfermidade hepática crónica, incluíndo alcoholismo crónico.
– Enfermidades neuromusculares graves.
– Inmunosupresión (incluíndo as inmunodeficiencias primarias e a orixinada pola infección por VIH -incluíndo tratamento con eculizumab- nos receptores de transplantes e déficit de complemento).
– Cancro e hemopatías malignas.
– Implante coclear ou en espera do mesmo.
– Fístula de líquido cefalorraquídeo.
– Enfermidade celíaca.
– Enfermidade inflamatoria crónica.
– Trastornos e enfermidades que conlevan disfunción cognitiva: Síndrome de Down, demencias e outras.

Máis información en https://gripe.sergas.es/