Visita do Breogán ó noso centro de día de Friol

Tivemos unha visita súper especial no nóso Centro de Día de Friol, nada máis e nada menos que os xogadores Dzanan Musa 🙌🙌 e Marko Lukovic 🙌🙌, e os adestradores Vejko Mrsic 💪💪 e Javier Muñoz 💪💪 do Club Baloncesto Breogán.  Foron recibidos pola nosa presidenta, Carmen Pena, a tesoreira, Fina Martín, a vocal, Carmen Rielo e o noso director, Valentín Calvín.
Tamén nos acompañou na visita o alcalde de Friol, Jose Angel Santos.

Que ben o pasamos e canto agradecemos o cariño recibido!!

Graciñas coma sempre a tódalas persoas que formades o Breo pola empatía e solidariedade que mostrades sempre.

Xa sabedes… 𝐅𝐎𝐑𝐙𝐀 𝐁𝐑𝐄𝐎!!!!