Onte tivemos a visita institucional do Delegado Territorial da Xunta, D. Javier Arias Fouz, acompañado polo xefe territorial de Política Social, D. Javier Vázquez Nodal, con motivo do día da saúde mental e cos que a nosa presidenta, Dna. Mª Carmen Pena, conversou sobre as características dos enfermos de demencias neurodexenerativas e da necesidade de que estas persoas teñan unha atecnción especializada e multidisciplinar coma a que ofrecemos en AFALU, así coma a sobrecarga dos coidadores e familiares e os programas que desenrolamos dende a nosa asociación para axudalos: atencións psicolóxica, grupo de familias, acompañamento, formación especializada, actividades terapéuticas, etc.