Os usuarios e usuarias da Unidade Terapéutica de Lugo de Afalu visitaron a exposición «Cornamusas primitivas e iconografía da Gaita» na sede de Afundación.
Primeiro desfrutamos dun rico café e biscoito para aproveitar os raios de sol e do tempo de lecer xuntos.
Despois nesta exposición puidemos aprender sobre a representación dos gaiteiros en igrexas e catedrais así como no camiño de Santiago e ver gaitas de diferentes países coma Hungría, India, etc…
Moitas grazas ao persoal de Afundación por unha exposición tan amena e interesante.
