A presidenta de AFALU, Carmen Pena, participou hoxe nos actos oficiais polo X aniversario do HULA, onde tamén estiveron o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente da Deputación, José Tomé, e moitos outros protagonistas da política galega.
Dentro destes actos do X aniversario do HULA, tamén participamos nun vídeo realizado por este motivo, onde a nosa vicepresidenta, Iria Franco, explicou o cambio que foi a apertura deste centro hospitalario, tanto en nas instalacións coma na calidade humana cara o colectivo de persoas con demencias neurodexenerativas e os seus coidadores.
https://youtu.be/nWXujjhRIX4