Xogos de mesa para a Unidade Preventiva e Envellecemento Activo de Muras

Os xogos de mesa son unha importante ferramenta para facer traballar ao cerebro que é o que tratamos na Unidade Preventiva e de envellecemento activo de Muras. Polo que fixemos unha xornada competitiva de diferentes xogos.
Neste caso ata elaboramos un xogo da oca personalizada, con casillas baseadas en distintos exercicios de estimulación cognitiva.
Con todos estes xogos, ademais das grandes risas que botamos, potenciáronse áreas como a atención e a concentración, a memoria ou o cálculo.

Este tipo de obradoiros fomenta aínda máis a participación social e o lecer significativo, xa que cada un deles tivo a oportunidade de escoller o seu xogo favorito, facendo grupos segundo os seus intereses. Ademais, foi moi interesante porque houbo moita cooperación e colaboración cando tiñan maiores dificultades, conxeniando entre eles á perfeción.