Xullo activo con Activa-Mente en Friol

En xullo non paramos e, na Unidade Preventiva Activa-Mente de Friol, estamos gon ganas de xogar, así que pasamos unha tarde moi entretida dándolle á cabeza co Pintureka.
Consiste en buscar unha determinada figuraque está entre outras moitas coloreadas cos mesmos tons de cor e de diferentes tamaños.
É un xogo no que se traballa especialmente a atención e a concentración. Como se aprecia na imaxe, é tamén un xogo que fomenta o ocio significativo e a participación social, xa que as usuarias están moi unidas e buscan a figura en grupo.
Pasámolo moi ben, incluso contando historias e chistes entre a busca de figura e figura. Unha tarde para repetir!