Inicio Información de interés Cuidadores Xuntos nos Coidados en Vilalba

Xuntos nos Coidados en Vilalba

Temos unha nova edición da formación Xuntos nos Coidados, para coidadores de persoas con demencias neurodexenerativas coma o alzheimer. Esta formación será impartida por AFALU os días 26 e 28 de novembro no salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba, en horario de 17:30 a 21:00.

É unha formación organizada e avalada por FAGAL e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Vilalba.

Para facer a inscripción chamar ó teléfono 982210381, 607843384 ou no correo electrónico [email protected]