A Fundación Iniciativas 21, cuio obxectivo é promover e impulsar proxectos que contribúan o desenrolo político e social de Galicia, recoñeceu a labor e o esforzo anónimo de 21 mulleres nacidas ou afincadas en Galicia.
Esta Fundación pensa en mulleres , galegas por nacemento, por opción, por adopción ou herdanza; cunha traxectoria na defensa dos seus compromisos, ás veces colectivos, ás veces individuais, ás veces públicos, ás veces privados. Estas mulleres demostrando o heroísmo cotiá, aquel que non se envolve de glamour e que é tan difícil de manter un día tras outro sen que, ás veces, ninguén se decate. Un heroísmo anónimo, unha experiencia privada, cotiá, coa que se enriquecen a vida dos que están ao seu arredor.
Entre estas 21 mulleres atópase a Presidenta da nosa Asociación, Mª Carmen Pena Ledo, a quen lle foi outorgado este recoñecemento pola súa labor de loita e arduo traballo como Presidenta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Lugo.
Inicio Avisos y Noticias A Fundación Iniciativas 21 recoñece a labor da Presidenta da nosa Asociación,...