AFALU DI NON Á VIOLENCIA

Hoxe, 25 de Novembro celébrase o Día Internacional da loita contra a Violencia de Xénero e dende AFALU sumámonos a esta causa que ten como finalidade acabar con esta lacra social.
Son 40 as mulleres 👩🏻👵🏻 que van asasinadas en España no que vai de ano a mans das súas parellas ou ex parellas e son moitas máis as que sofren violencia a diario.
Queremos facer especial fincapé na necesidade de previr a violencia machista cara a persoas con Alzheimer ou outras demencias neurodexenerativas. Este é un colectivo especialmente vulnerable xa que moitas veces os casos de malos tratos non son visibles 👀 e as afectadas poden ter dificultade para tomar conciencia do problema así como previr ou denunciar debido á súa deterioración cognitiva