Aberto o prazo para apuntarse ao obradoiro ‘Coidados Compartidos’, un curso formativo organizado pola Federación de Alzhéimer Galicia a través da AFALU, dirixido a coidadores e coidadoras de persoas cunha demencia neurodexenerativa.
A actividade levarase a cabo os días 20 e 21 de novembro na Biblioteca Pública Municipal Casa Habanera en horario de 9:30 a 13:30 horas.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 16 de novembro nos Servizos Sociais municipais do Concello de Guitiriz e no teléfono 982 370 109.