Realizado en la ciudad de Lugo los días 10, 11 y 12 de Mayo, con la intención
de servir de punto de encuentro entre profesionales, cuidadores y estudiantes, e de erigirse en eje
impulsor en el que se ofrecieron tiempos y espacios para la reflexión conjunta, el diálogo y el
enriquecimiento mutuo a través del intercambio de ideas, perspectivas y propuestas.
Después de 3
días de largo trabajo aquí van las conclusiones que se leyeron en su día como colofón de este
proyecto:
«Paseniño, paseniño chegamos xa ó final do noso traxecto
compartido.
Teñen sido unhas xornadas realmente intensas, arduas, esixentes (mesmo
esgotadoras por momentos) pero eu coido que tamén sumamente estimulantes, suxestivas… e certamente
inspiradoras.
Nese sentido, non podemos menos que destacar, xa en primeiro termo, o alto
nivel científico do conxunto de relatores e relatoras. Unha auténtica constelación de profesionais,
das máis diversas ramas e procedencias, e coas máis dispares e variopintas traxectorias. Todos e
todas eles conseguiron poñer en xogo e ofrecernos unha pequeniña mostra do seu talento, do seu
elevado nivel de profesionalidade, calidade e rigor.
Mais, dende logo, tampouco podemos nin
desexamos esquecernos en modo algún, do por suposto tamén alto nivel dos e das asistentes ó
Congreso. Grazas pola vosa implicación en cada unha das propostas que vos fomos formulando ó longo
destes tres días. Grazas pola vosa actitude (xa non só activa, dinámica ou participativa) senón
fondamente comprometida e entusiasta.
Quizais unha das nosas maiores satisfaccións como
organizadores deste encontro radica, por unha parte, nesa vosa fantástica resposta e compromiso co
evento e, por outra parte, co feito de ter acadado ese ansiado enfoque interdisciplinar, holístico e
poliédrico que perseguiamos dende o inicio. Vimos de testemuñar o nacemento dunha profusa produción
científica que inspira a facer unha reflexión fecunda en torno ó universo do Alzheimer e dos retos
que formula no presente e no futuro.
Ó longo destes días, tivemos a oportunidade
de:
- Vivir eses aspectos prácticos do traballo cotiá cos doentes de Alzheimer e os seus
coidadores/as, a través dos distintos obradoiros e as diversas experiencias presentadas, constatando
que todos podemos aprender de todos. - Puidemos así mesmo, observar as posibilidades que
ofrecen os diferentes recursos asistenciais dos que dispoñemos, os últimos avances e investigacións
ó redor deste vasto campo de traballo, as diferentes problemáticas, posibilidades e limitacións,
existentes e as distintas situacións que se dan nos más heteroxéneos contextos: dende o universo do
rural ó marco do urbano. - Coincidimos, igualmente, en reivindicar a necesaria
sensibilización do conxunto da sociedade respecto a este complexo desafío, na procura da
optimización da calidade de vida de enfermos/as e coidarores/as, pois merecen o máximo rigor,
esforzo e esixencia pola nosa parte. - Destacouse asemade a necesidade de contar cun maior
compromiso por parte das diferentes administracións, empresas privadas, colexios profesionais,
asociacións, etc.. que deben axudar a dar resposta ás crecentes demandas deste colectivo. - Descubrimos igualmente que é imprescindible destinar maiores esforzos a coidar ós coidadores, pois
constitúen o piar substancial sobre o que se sostén o sistema. Sen elas e eles o noso labor carece
sentido e resulta baleiro.
En definitiva, nos enfrontabamos a un programa realmente
denso (cun amplo entramado de ponencias, mesas redondas, obradoiros e conferencias). Un conxunto de
intervencións que (precisamente polo seu indubidable valor) serán cumpridamente recollidas e
recompiladas no Libro de Actas que publicaremos en breve (niso confiamos) e que vos será remitido.
Nel deixaremos boa constancia deste camiño percorrido, tentando rachar coas fronteiras do propio
evento para difundir ese froito no noso cavilar conxunto entre as administracións, os responsables
políticos, os medios de comunicación, as asociacións, institucións, centros de investigación… e a
sociedade en xeral.
Finalmente, tan só quixéramos destacar que nestes días abranguéronse
-como vimos de constatar- temáticas tan complexas como diversas, que se suman, aglutinan e coinciden
sen embargo nun punto: todos e todas eles coinciden (coincidimos) en amosar con diafanidade e
convicción, o noso fondo e mesmo inquebrantable compromiso a prol da defensa dese colectivo (o dos
doentes de Alzheimer e outras demencias, e as súas familias) que cada vez enche máis as nosas
comunidades e que debería encher tamén os nosos corazóns e as nosas mentes. Por eles/as e para
eles/as coido que estamos hoxe aquí todos e todas nós. Ese é o compromiso que nos une como
intelectuais, como profesionais, como cidadáns, como persoas. Moitas grazas a todas e todos por
axudar a facer real este espazo e darlle sentido auténtico.»