Que é a atención centrada na persoa?
Para falar de ACP debemos falar de calidade de vida. Traballar según o modelo de ACP supón centrarse nas capacidades da persoa (non nas súas discapacidades), respectando a súa autonomía e capacidade de decidir, nos seus valores, aspiracións e dereitos. Potenciando sempre a súa autonomía.
Neste curso formativo abordaremos a teoría sobre o modelo de ACP pero tamén de cuestións prácticas que podemos implementar nos centros e servizos sociosanitarios.
Esta formación será impartida na Aula de Formación Centro de dia Alzhéimer, situada na rúa Poeta Díaz Castro nº 10, baixo en Lugo.
Podedes inscribirvos na páxina da Escola Galega de Saúde para Cidadáns: https://extranet.sergas.es/…/InscricionCidadan.aspx…
ou no 607843384 e en [email protected]