Inicio Área Clínica e Investigación Por qué algúns maiores de 90 non teñen demencia?

Por qué algúns maiores de 90 non teñen demencia?

Un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) trata de buscar a resposta a través dun ensaio non invasivo. Segundo explican dende o centro, o estudo dividiríase en dous pasos: unha primeira valoración neuropsicolóxica de 30 minutos de duración na que os expertos valorarán tanto a memoria como outras habilidades dos participantes; o segundo, a realización dunha resonancia e dous TAC, tamén de 30 minutos cada proba.
O IDIS pide voluntarios para a realización deste ensaio non invasivo que pretende analizar o cerebro de nonaxenarios sen deterioración cognitiva.
Noticia de GCiencia: