Plan Galego de Vacinación fronte ao SARS-CoV-2

Moitos de vos estades preguntándonos pola vacinación fronte á Covid-19 do voso familiar, así que imos darvos algo de información para aclarar de xeito xeral algunhas dúbidas.


O pasado día 27 comezou en Galicia o plan galego de vacinación fronte ao SARS-CoV-2, nesta primeira etapa o obxectivo principal é reducir a morbilidade e a mortalidade causada por esta enfermidade, nun contexto de dispoñibilidade progresiva das vacinas, de maneira específica o que se pretende é:
-Acadar unha cobertura de vacinación do 90 % das persoas internas en residencias de maiores e de persoas con discapacidade.
-Acadar unha cobertura de vacinación do 80 % das persoas que traballan nestas residencias.
-Acadar unha cobertura de vacinación do 80% do persoal sanitario de primeira liña do Servizo Galego de Saúde.

Isto quere dicir, que a primeira “fase” de vacinación vai dirixida a residentes e traballadores das residencias e ao persoal sanitario, polo que o resto da poboación ten que esperar un pouco.


A modo informativo podemos decirvos que a vacina actual, chamada “Comirnaty” será administrada en dúas doses separadas por un período de 21 días.

Persoas nas que está contraindicada a vacinación actualmente (isto pode cambiar segundo vaia avanzando a vacinación):
-Menores de 16 anos
-Mulleres embarazadas, tamén as mulleres que se vacinen deben evitar o embarazo no intervalo entre a primeira dose e a segunda dose e nos dous meses seguintes á administración da segunda dose.
-Mulleres durante a lactancia materna
Persoas nas que hai que ter especial precaución pero maiormente si se van vacinar:
-Persoas sometidas a inmunosupresión
-Persoas con terapia de anticoagulación


Ademáis non se administrará a vacina ás persoas que no momento da administración teñan sintomatoloxía compatible coa COVID-19.

𝐃𝐞𝐧𝐝𝐞 𝐀𝐟𝐚𝐥𝐮 𝐬𝐨́ 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐦𝐨𝐬 𝐢𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐨𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚𝐬𝐭𝐚𝐝𝐚 porque consideramos que é o noso deber non dar información errónea ou que non sexa oficial, polo que en canto sepamos algo sobre a vacinación dos centros de día e o resto das personas depententes comunicarémovolo.

E coma sempre, sentidiño!