Por qué algúns maiores de 90 non teñen demencia?

Un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) trata de buscar a resposta a través dun ensaio non invasivo. Segundo explican dende o centro, o estudo dividiríase en dous pasos: unha primeira valoración neuropsicolóxica de 30 minutos de duración na que os expertos valorarán tanto a memoria como outras habilidades dos participantes; o segundo, a realización dunha resonancia e dous TAC, tamén de 30 minutos cada proba.
O IDIS pide voluntarios para a realización deste ensaio non invasivo que pretende analizar o cerebro de nonaxenarios sen deterioración cognitiva.
Noticia de GCiencia: